4/1/16

Recensión: Europa Express

Unha liberadora viaxe a través das páxinas:
Entrevista á autora en en exclusiva para Lectureka! aquí.

 Tras coñecer a Andrea Maceiras no Culturgal 2015 (reportaxe aquí), onde nos concedeu unha entrevista xunto a Érica Esmorís, chegou o momento de analizar a publicación á que facía referencia en devandita entrevista; Europa Express, a súa última novela, gañadora do prestixioso premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015. 
 Á marxe de premios e recoñecementos, é unha obra que considero sumamente interesante e curiosamente escrita. Unha lectura obrigada para todos os amantes da intriga psicolóxia, pero ao igual que na novela, se devecedes por saber o porqué haberedes de ler ata o final da recensión...

Europa Express                                                                                 Autora: Andrea Maceiras                                                           Editorial: Edicións Xerais                                                             Páxinas: 216                                                                                                                                                                                            Sinopse: ao rematar o bacherelato Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar Piero e Mía emprenden un viaxe en Interraíl a través de Europa que lles descubrirá un agridoce sentimento de liberdade e grandes momentos que pasarán a ser parte perenne da súa memoria. Malia todo, a conclusión da viaxe estará marcada por un tráxico suceso que deixará unha pegada aínda máis fonda en cada un deles, e cuxa dudosa resolución continuará a rondar as súas cabezas durante toda a súa vida.                                                    Dez anos despois, Nico atopa en Berguen, unha das cidades da memorable viaxe, unha postal cunha fotografía na que aparecen eles mesmos, e que agocha un segredo que podería ser clave para a resolución do misterio que o torturara durante toda unha década. É o momento de remexer no pasado, reunir de novo ao grupo e esclarecer o acontecido naquel aciago día.


Opinión persoal:

 A fascinante pero factible posibilidade de atoparse a un mesmo nunha postal a miles de quilómetros de casa é a premisa inicial dunha novela que dende o punto de partida non deixa de crecer en intriga, intensidade e expectación ante a resolución dun misterio construido con mimo arredor dun carismático grupo de amigos que fai de Europa Express una novela moi coral cun desenvolvemento coidado e atractivo. 

Unha década de misterio:
Pasado e presente conflúen nunha estrutura única que alterna capítulos narrados en primera persoa por cada un dos personaxes (que non son poucos) no presente e narracións en tercera persoa que trasladan a acción a cada unha das cidades Europeas que conforman a viaxe de Interraíl que tivera lugar dez anos atrás. Un práctico mapa do itinerario da viaxe en cuestión permite seguir paso a paso a travesía por Europa dos nosos protagonistas.

Peirao de Bryggen en Berguen, Noruega
 Esta estrutura tan ben tecida é o que consigue xerar esa constante intriga por descubrir cómo foi realmente ese tráxico suceso que imos coñecendo en pequenas dosis, sendo ao mesmo tempo un factor determinante no mantemento desa intriga e do interese do lector, que en ningún momento decae durante o corpor ao ser este constantemente sorprendido con novas perspectivas, localizacións e saltos temporais. É inevitable pegarse á páxina durante toda a lectura (un suspiro), e ver como cada páxina da lugar a teorías e elucubraciones na inqueda mente do lector, que unha a unha serán desbotadas ata chegar a un sorprendente desenlace.

 Aínda así e malia todo o dito anteriormente, é certo que de cara ao clímax da acción esta perde bastante forza para o meu gusto. Non me atrevería a calificalo de decepción, non chegamos ata ese extremo, pero se xera un mito tan grande arredor da traxedia que, chegado o momento, a verdade é moito menos enrevesada do que cabería esperar.


Unha vívida viaxe:
 Acaba resultando estraño atoparse tan cómodo nun concepto tan afastado dos mundos de fantasía polos que me movo habitualmente, pero os flashbacks da viaxe de Interraíl resultaron ser moito máis enriquecedores para a historia e para min mesmo do que nun principio imaxinara. A descripción tan vívida de cada unha das localizacións polas que pasan as versións adolescentes do grupo protagonista transmite realmente a esencia do que é unha viaxe -nótase a experiencia de Andrea na materia-, especialmente ao recoñecer aquelas cidades, museos e monumentos que eu mismo visitei coa miña familia.

Un peculiar conxunto de voces:
A miña copia asinada da novela
 Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía son os seis personaxes que, a través das súas narracións fan de Europa Express unha novela tan coral. A construcción de cada un deles e o seu desenvolvemento é a alma da novela (xa está o pesado este de Lectureka falando da construcción de personaxes... Pois é moi importante, vale?). Cada un deles é carismático ao seu modo, e xoga un papel dentro do grupo. Nico, sen destacar especialmente, encaixa co perfil de protagonista que supón o nexo de unión entre todos os amigos, Xacobe aporta misterio e reflexión á fórmula, Beatriz tamén é clave para coñecer un pouco máis a todos eles, e do mesmo modo Aroa, Óscar, Beatriz e Piero aportan variedade e puntos de vista que iredes descubrindo durante a vosa lectura... e á marxe de todos eles está mía, ese personaxe ao que sei que debería odiar con todas as miñas forzas pero que, e non poderedes negalo unha vez que leades a novela, é o mellor de todos. Detrás do que parece unha excusa para facer oco ao humor nunha historia en clave de misterio  agóchase un desenrrolo moi intelixente e, por qué non dicilo, absolutamente hilarante, ou sexa, como o conto, súper, súper cachondo, chic, glam, fresh e waterproof, a proba de auga, de tempo e de todo...

"Para Pablo e María, toda a liberdade das aves migratorias" ➝➝


 Como remate a esta fantástica experiencia o inesperado desenlace é sucedido por un predecible pero non por iso menos necesario epílogo que pecha o círculo e resulta sinxelamente emocionante. Rescato unha frase do comezo da reseña para rematar eu tamén de forma redonda; a fascinante pero factible posibilidade de atoparse a un mesmo nunha postal a miles de quilómetros de casa e o que define a Europa Express no seu conxunto; unha fascinante viaxe chea de feitos escalofriantemente factibles no que nada é deixado ao azar, a ante todo unha lectura moi recomendable.

[Insertar aquí cita memorable de Xacobe para rematar a recensión]

Nota: 8,5

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Alimenta el blog con tus comentarios! Recuerda ser respetuoso con el redactor y lectores y siéntete libre de responder cualquier comentario publicado.

Intentaré responder a todos los comentarios, especialmente a aquellos que formulen dudas o preguntas.

¡Gracias por leernos!