17/5/16

Día das Letras Galegas 2016

Viñeta: Faro de Vigo
 Galegas e galegos temos hoxe un motivo común polo que nos sentir orgullosos do que somos, do que temos, da lingua que falamos.  Hoxe, 17 de maio, celebramos por 53º ano consecutivo o Día Das Letras Galegas, no que cada ano lembramos e honramos a obra dun autor en lingua galega, que como requisito indispensable para ser homenaxeado ten que ter contribuido á difusión e á escrita na noda lingua... e estar morto. Cousas que ten a vida...

 Esta xornada das letras está a piques de rematar, pero nunca é tarde para recordar os motivos de celebración e de reivindicación da nosa cultura nun día coma hoxe.


 Este é o vídeo que a Xunta de Galicia preparou este ano para promover o evento (ten moito trabalo detras, é o mesmo vídeo do ano pasado no que cambiaron o nome do autor). Pero, afondando en profundidade no tema... cales son as orixes e como funciona o Día Das Letras Galegas?

 Foi o 20 de marzo de 1963, cando varios académicos da Real Academia Galega da lingua propuxeron a celebración do evento, instaurado de forma oficial o 28 de abril dese mesmo ano. Decidiuse entón que cada 17 de mayo, , coincidindo co centenario da suposta publicación de "Cantares Gallegos", obra cumbre da poetisa Rosalía de Castro, figura insigne das letras galegas.

 Cada ano, o día sinalado, é tradición rendir homenaxe a un/a autor/a escollido pola RAG o mesmo día do ano anterior, e en 2015 decidiuse que o día Das Letras Galegas 2016 estaría adicado ao poeta Manuel María. 



O protagonista deste Día das Letras:
 Manuel María Fernández Teixeiro (1929-2004)

[Biografía extraída da web da Asociación de Escritores en Lingua Galega, AELG]

Manuel María Fernández Teixeiro naceu en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929. En 1942 trasladouse a Lugo para estudiar o bacharelato e aquí comezou a súa precoz carreira literaria participando, á idade de 20 anos, no ciclo de conferencias "Jóvenes valores lucenses". Esta primeira conferencia serviulle para entrar en contacto cos integrantes da tertulia do café Méndez Nüñez (Pimentel, Fole, Rof Codina...) que o poñerán en contacto coa realidade galega, tanto interior como do exilio. Nesta primeira etapa da súa vida, publica o primeiro poemario dun poeta da nova xeración, Muiñeiro de brétemas (1950), co que se inaugura a denominada "Escola da Tebra".

   En 1958 instálase en Monforte como Procurador dos Tribunais e ao ano seguinte casa con Saleta Goi. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel María participa na reorganización política, na clandestinidade, dos partidos nacionalistas, e atende os chamamentos e peticións que lle chegan de todas as organizacións que, ao longo e ancho do país, andan a traballar pola recuperación cultural: desde impartir conferencias ou recitar poemas a presentar á Nova Canción Galega. A súa obra literaria diversifícase e multiplícase de acordo cos novos tempos: ensaio, narrativa, teatro... sen abandonar o cultivo da poesía. Do existencialismo e o seu pesimismo radical evolúe cara á unha poesía que rompe, tanto no formal como na temática, con esta liña subxectiva para se comprometer co ser humano, coa súa xente, coa súa realidade social, en definitiva, co seu pobo.

   A súas actividades políticas culminaron coa súa elección como concelleiro en 1979. Son anos duros, e a súa participación nas campañas en defensa da lingua foi moi activa. En 1985 abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural e, desde a súa xubilación, reside na cidade da Coruña. A súa xenerosa entrega foi recoñecida en 1995, na Homenaxe organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega na Coruña.

   Non é doado resumir en poucas liñas a obra deste insigne poeta, referencia imprescindíbel no panorama literario da segunda metade do século XX, pola amplitude dos seus rexistros, das súas propostas e da súa temática: intimismo, paisaxismo, socialrealismo crítico ou satírico, preocupación relixiosa, reivindicación lingüística... e, como fío conductor de todo este mundo poético, a construción da patria.

   Manuel María faleceu na Coruña o 8 de Setembro de 2004. 

Imaxe: El Corte Inglés
¡Feliz día das Letras Galegas a todos/as!

2 comentarios :

  1. Muy buena entrada :D Me encantaría poder comentar en gallego, pero a pesar de haber entendido perfectamente la entrada, yo no sé gallego, así que no me quiero arriesgar a liarla parda intentándolo xD
    Yo también hice una entrada especial por este día pero respecto al tema de la LGTBfobia. Como dijo Sebas G Mouret, el diecisiete de mayo está más transitado que el metro en hora punta xD
    ¡Por cierto! Te he nominado en mi blog, por si te interesa hacerlo :3http://larosadpapel.blogspot.com.es/2016/05/liebster-award.html?m=1
    Buenas noches y sayonara ~

    Sayonara✌

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Me alegro de que te gustara la entrada, y muchísimas gracias por la nominación! ¡Responderé en cuanto pueda!

      ¡Un saludo desde Lectureka!

      Eliminar

¡Alimenta el blog con tus comentarios! Recuerda ser respetuoso con el redactor y lectores y siéntete libre de responder cualquier comentario publicado.

Intentaré responder a todos los comentarios, especialmente a aquellos que formulen dudas o preguntas.

¡Gracias por leernos!