4/7/16

Cartas de Inverno chega aos 100.000 cunha edición especial :

Agustín Fernández Paz segue a bater récords con Cartas de Inverno:

 É por todos sabido que Agustín Fernández Paz é un dos escritores máis exitosos e prolíficos de literatura galega moderna, e a máis popular das súas obras, Cartas de Inverno (1995) segue a ser máis de vinte anos despois toda unha sensación entre mozos e adultos, chegando a contar cunha novela gráfica (2012), obra de Antonio Seijas.

 A día de hoxe a novela aínda causas furor en librerías, e as últimas novas indican que está a punto de acadar os 100.000 exemplares comercializados, unha marca soamente superada por obras do prestixio de Memorias dun neno labrego, a obra máis vendida da historia da literatura galega, agora en mans de máis de 600.000 lectores.                                                                                                                                                                                                                                                                                      A editorial que goza de publicar tan cobizada novela é Edicións Xerais, e o seu director, Manuel Bragado, anunciou que a editorial ten previsto que a novela acade as 100.000 ao remate do verán coa súa 36ª edición, unha tirada especial de 4.000 exemplares que axudarán a dar o empurrón definitivo que situará á novela na exitosa marca dos 100.000.

 Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra fixéronse eco da noticia fai uns días con este artículo de Jaureguizar:


Qué segredos agochará a nova edición da novela?
Non queda moito para sabelo!

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Alimenta el blog con tus comentarios! Recuerda ser respetuoso con el redactor y lectores y siéntete libre de responder cualquier comentario publicado.

Intentaré responder a todos los comentarios, especialmente a aquellos que formulen dudas o preguntas.

¡Gracias por leernos!