31/7/16

Como se vive a Feira do Libro desde dentro?


 A cidade de Vigo acolleu entre os días 1 e 10 de xullo a habitual Feira do Libro, un evento organizado de forma anual pola Federación de Libreiros de Galicia.

 Como é de costume, trátase dun evento que non nos podemos perder, e que en Lectureka! vivimos cada ano dun modo diferente (este ano, por exemplo, tivemos a oportunidade de entrevistar a Fran Alonso!). Non obstante, poucas veces se consulta a opinión dos libreiros, e iso é precisamente o que fixemos nos; elaborar unha reportaxe en vídeo sobre a Feira do Libro de Vigo desde dentro, desde o punto de vista dos libreiros.                                                                                                                                                                Os encargados das casetas da Librería Cartabón, Libros para Soñar, Sousa Cómics, Nobel e Librería Pedreira responderon a tres preguntas sobre a súa experiencia na Feira, aportando o seu punto de vista como profesionais do sector e valorando a situación do sector editorial galego tras as últimas estatísticas da Axencia do ISBN, que non deixan en moi bo lugar á nosa comunidade...                                                                                                                                                                                                             Persoalmente estou moi satisfeito co resultado da reportaxe en vídeo e coa respostas aportadas polos libreiros. Agradecemos enormemente a súa colaboración!



A Feira do libro desde a miña perspectiva:

 Agora que sabemos como ven os libreiros esta Feira do Libro... como a vemos os lectores? A continuación responderei ás mesmas tres preguntas polas que tiveron que pasar os entrevistados, e é posible que algunhas das miñas respostas contrasten bastante coas súas...

 Como declararon algúns deles, a Feira é cada ano máis pequena, e se bota en falta máis variedade. Na súa situación actual, creo que feiras coma esta apelan máis ao perfil de lector casual que a lectores asiduos coma nós, que xa coñecemos as novedades editoriais e atopamos as casetas evidentemente máis escasas que calquera librería tradicional, e por iso creo que unha maior variedade de propostas sería o máis adecuado, con casetas de editoriais máis descoñecidas ou de librerías especializadas, por exemplo, máis propostas e máis concretas, en lugar de múltiples casetas cos mesmos contidos. En feiras culturais busco descubrir novas propostas, non remexer no que xa coñezo.



 E por ese motivo o que máis me chama a atención destas feiras non son as librarías en sí mesmas, senón os eventos. Tristemente, cada vez me costa máis atopar eventos que resulten interesantes e entrevistas para compartir no blog, e por iso non coincido con ningún dos libreiros en que haxa suficiente representación da literatura infantil e xuvenil na feira. Nese aspecto, coido que malinterpretaron a miña pregunta. Sí, véndense moitos e moi variados libros para un público novo, especialmente literatura infantil, pero é nos actos programados onde atopo unha evidente carencia de eventos e presentacións que busquen atraer a xente da miña idade a este tipo de feiras culturais. É certo que hai bastantes espectáculos infantís, e se presentaron novelas como "Contos nerviosos" pero, pola contra, non había unha soa presentación orientada cara a literatura xuvenil, como sí houbo en anos pasados. Ademáis, tamén se botan en falta actos como charlas o conferencias, que aportarían variedade á proposta. E falando de eventos, a comunicación de cara ao público é bastante deficiente. Non pode ser que o único contacto que exista entre a organización e o público sexa unha conta nunha soa red social (Facebook neste caso). Hai uns anos había una web, xa non operativa, na que se podía consultar con comodidade a programación e datas de todas as feiras con certa antelación, pero esta vez tivemos que esperar ao mesmo día do comezo da feira para recoller alí memos o programa, que non se publicou en internet ata ben entrada a mañá. Esta clase de cousas precisan de máis antelación para atraer ao público.

 Respecto á última cuestión, coincido con todo o que nos contan os libreiros, e publicarei próximamente a miña reflexión sobre o asunto e a saúde do sector editorial galego dende a miña perspectiva, especialmente no referente á literatura infantil e xuvenil.

Ata entón!

1 comentario :

  1. Este año me pasé muy rápido por la feria, la verdad que la que siempre me llama mucho la atención es la que viene justo después, que es la de La feria del libro antiguo.

    Un besiño

    ResponderEliminar

¡Alimenta el blog con tus comentarios! Recuerda ser respetuoso con el redactor y lectores y siéntete libre de responder cualquier comentario publicado.

Intentaré responder a todos los comentarios, especialmente a aquellos que formulen dudas o preguntas.

¡Gracias por leernos!