24/7/16

Entrevistando a Fran Alonso na Feira do Libro de Vigo 2016


 Cada ano as Feiras do Libro de Galicia son unha cita ineludible para todos os bibliófilos e bibliófilas galegas, e en Lectureka! non somos unha excepción. Claro que nós non nos limitamos a ser compradores e espectadores... e asumimos o rol de xornalistas!

 Os pasados días 1-10 de xullo tivo lugar a Feira do Libro de Vigo, acontecemento que aproveitamos non soamente para engrosar a nosa biblioteca persoal, senón para elaborar contidos exclusivos para o blog. A próxima semana publicaremos unha reportaxe sobre as Feiras do Libro dende o punto de vista dos libreiros e libreiras, pero hoxe o protagonismo é de Fran Alonso, quen accedeu a concedernos unha entrevista para o blog tras a presentación de "Contos nerviosos", a súa última publicación; unha extraordinaria novela infantil que xoga co ridículo a través de catro historias totalmnte disparatadas, cuxa recensión en Lectureka poderedes ler nos próximos días.                                                                                                                                                                                                           Un dos protagonistas dos contos nerviosos, Amelio, resulta ser alérxico ao ruído. Eu son un pouco como Amelio, e como tamén son un pouco alérxico ao ruído nesta entrevista estreamos un novo micrófono que capta menos ruído ambiental e recolle mellor a voz, o que supuña un problema común en anteriores entrevistas gravadas ao aire libre. Espero que vos guste!

Que son os contos nerviosos? Por que os protagonistas dos contos nerviosos teñen o nome que teñen? Cal é a situación actual das Feiras do Libro e a literatura infantil e xuvenil no sector editorial galego? Fran da interesantes respostas a todas as nosas cuestións...



 Da a casualidade de que non se trata da primeira entrevista a Fran Alonso en Lectureka! Fai xa tres anos, en 2013, concedeunos a que foi a nosa primeira entrevista a un autor, gravada na Librería Cartabón. 

 Foi un pracer verte de novo e falar contigo Fran! Ata a próxima, e noraboa por eses fantásticos contos nerviosos!

Fotografía: Libros Lectureka / Fran Alonso na presentación de Contos Nerviosos / Feira do Libro de Vigo 2016
Atentos a próxima semana á nosa reportaxe
sobre a experiencia dos libreiros na feira!

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Alimenta el blog con tus comentarios! Recuerda ser respetuoso con el redactor y lectores y siéntete libre de responder cualquier comentario publicado.

Intentaré responder a todos los comentarios, especialmente a aquellos que formulen dudas o preguntas.

¡Gracias por leernos!