17/7/16

Entrevistando a Kiko Da Silva no Boom Film & Comic:


 Non sen demora, chega a Lectureka! a última das entrevistas gravadas o pasado mes de maio no Boom Film & Comic, o festival da cultura popular de Vigo. Casualmente o prestixioso debuxante e historietista galego Kiko Da Silva foi un dos invitados ao evento, e tras participar nunha moi instructiva conferencia sobre a banda deseñada en Galicia accedeu a concedernos a que foi a súa segunda entrevista en Lectureka!, pois xa fora captado pola nosa cámara fai dous anos, na Feira do Libro de Vigo de 2014.

 Nesta nova entrevista, Kiko se presenta como historietista e director da primeira escola profesional de banda deseñada en Galicia, e nos fala do seu próximo e ambicioso proxecto; Baixo a Sombra das Pedras Flotantes, unha obra cuxo proceso creativo documenta na súa páxina web e no blog Al otro lado del muro.                                                                                                                                                                                           En que etapa do proceso se atopa o cómic? Canto tempo tardará en chegar ás nosas mans? Son preguntas que soamente Kiko poderá resolver...             Unha vez máis, recomendo escoitar o vídeo con cascos, e pido desculpas polo ruído ambiental, inevitable en eventos coma este sen un micrófono apropiado... aínda que en próximas entrevistas iso non será un problema.

Dentro vídeo!


 Veredes que nunha das preguntas se fai referencia á última publicación de Kiko; El Infierno del Dibujante (recentemente publicado en Galego como O inferno do Debuxante). Trátase dun cómic que Kiko plaxiou do seu verdadeiro autor; Manuel Pardo. E é que o pobre de Pardo sempre ten grandes ideas, que outros grandes autores plaxian descaradamente, levando toda a fama.
 Podedes ler a miña recensión do cómic aquí.

 A cuestión é que Manuel Pardo presentouse na primeira presentación do cómic, á que nos asistimos, para roubar o Premio Castelao que Kiko recibiu pola súa obra (podedes ler a crónica da presentación aquí), e de ahí a miña pregunta ao respecto.


Máis entrevistas a próxima semana!

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Alimenta el blog con tus comentarios! Recuerda ser respetuoso con el redactor y lectores y siéntete libre de responder cualquier comentario publicado.

Intentaré responder a todos los comentarios, especialmente a aquellos que formulen dudas o preguntas.

¡Gracias por leernos!