12/7/16

Homenaxe a Agustín Fernández Paz (1947-2016)

As letras galegas están de luto. 
Descanse en paz, Agustín Fernández Paz. 


 Hai días nos que comunicar unha noticia costa especialmente, nos que cada palabra doe. Hoxe é un deses días; o día no que coñecemos a noticia do pasamento de Agustín Fernández Paz, esta mesma mañá do martes 12 de xullo de 2016, á idade de 69 anos.

 O escritor faleceu en torno ás 7h da mañá no seu domicilio en Vigo, deixando tras de sí unha profunda pegada en todas e cada unha das persoas que o coñeceron, leron e admiraron. 

Agustín por David Pintor
 Hoxe é un día triste, sí, pero non é un día para lamentar. É un día para celebrar, celebrar o legado que un dos máis grandes autores das nosas letras nos deixou. Agustín Fernández Paz foi e será un dos máis insignes autores galegos, e sen dúbida un dos poucos que logrou entender e comunicar con tanto acerto non só a un público novo, senón a todo tipo de lectores.

 Como lector da súa obra, apenas o coñecín en persoa. Tiven a sorte de cruzar unhas palabras con él nunha feira do libro, pouco despois de concedernos a que fora unha das primeiras entrevistas do blog. Foi unha conversación breve, pero suficiente como para comprender que detrás dun gran autor tamén había unha gran persoa.  Coido que, alí onde estea, seguirá escribindo, e nunca deixará de ser o rei da literatura infantil e xuvenil galega.

 "Eu son os libros que lin", dicía Agustín. Gústame pensar que, en certo modo, agora todos nós somos un pouco Agustín. Temos no noso ADN as cartas de inverno e a neve interminable, na nosa memoria a viaxe de Gagarin e os fantasmas de luz. E agora que o maestro nos deixou, agora que xa non volverá escribir para nós, o único que queda, é o amor.

Grazas, Agustín.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Alimenta el blog con tus comentarios! Recuerda ser respetuoso con el redactor y lectores y siéntete libre de responder cualquier comentario publicado.

Intentaré responder a todos los comentarios, especialmente a aquellos que formulen dudas o preguntas.

¡Gracias por leernos!