18/10/16

En decembro, regresamos a Landereina:

Imaxes e información de www.sabelagonzález.com

 En 2013 Bágoa de Lúa levounos por primeira vez ás terras de Landereina, que máis tarde volveriamos visitar, con Feitizo de Sangue, en 2015. Non será ata decembro de 2016 cando pisemos por última vez o máxico mundo de Sabela González, que a tempo para o nadal publica a súa última obra: Sangue de Lúa, terceira e derradeira novela da triloxía Crónicas de Landereina.

 Hoxe mesmo Sabela fixo pública a que será a cuberta de Sangue de Lúa na que, como moitos vaticinaramos, predomina a cor vermella. Na miña non tan humilde opinión, trátase da mellor e máis atractiva das portadas da triloxía, ao igual que o será, non me cabe dúbida, o seu contido:


 Cabe destacar que o brasón central é obra da propia Sabela, que confesa que os tutoriales de photoshop que atopou na rede teñen parte da culpa. O símbolo en cuestión ten importancia na novela, e foi elaborado a partir da súa propia man. Que artista!

 Contamos os días para que chegue decembro... e poder devorar a última entrega da triloxía! O manuscrito está en proceso de revisión e maquetación por parte da editorial Galaxia. Mentres tanto, un pequeno adianto en forma de sinopse...
As Crónicas de Landereina III; Sangue de lúa
Autora: Sabela González
Editorial: Galaxia
Publicación: decembro 2016

Sinopse: Coa apócema de destrución da Pedra de Lúa xa nas súas mans, Berenguela e Güenaela deben escapar da illa dos sabios para dar chegado á capital de Landereina e rescatar ao príncipe Ohn. Alí, a traidora segue a gañar terreo, aterrorizando o reino e sen ceder na súa procura de todos os anacos do amuleto máxico que lle conferirá o máximo poder co que levar a cabo o seu tiránico goberno.

O castelo semella lonxano mentres os problemas seguen a xurdir no seu camiño, mais Berenguela e Güenaela non decansarán ata xuntar o sangue dos Gheiroez elixidos, pois só así poderán destruír a Pedra de Lúa e derrotar á malvada Maëriss para poñer a salvo, por fin e para sempre, o reino de Landereina.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Alimenta el blog con tus comentarios! Recuerda ser respetuoso con el redactor y lectores y siéntete libre de responder cualquier comentario publicado.

Intentaré responder a todos los comentarios, especialmente a aquellos que formulen dudas o preguntas.

¡Gracias por leernos!