22/3/17

Día Mundial da Poesía... un día despois:


 Feliz Día Muncial da Poesía a tod... vaites! Xa foi onte? Outra vez chego tarde por culpa de non ter tempo para escribir... pero como o importante e a Poesía e non o Día, non quero deixar pasar a oportunidade de compartir e celebrar versos en galego para todos os gustos e petos. Atentos á entrada de hoxe, porque a poesía que recomendo a continuación non é convencional...

No tenemos alas, no podemos elevarnos,
mas tenemos pies para trepar y escalar
paso a paso, más y más,
las nubosas cumbres de nuestros tiempos.

 Así abría onte o seu discurso a Directora Xeral da UNESCO Irina Bokova, unha tradición do organismo promotor do evento cada 21 de marzo (podedes lelo ao completo aquí).

 Compuesta de palabras, coloreada con imágenes, tañida con la métrica perfecta, la poesía tiene un poder singular. El poder de arrancarnos de la vida cotidiana y recordarnos la belleza que nos rodea y la resiliencia del espíritu humano que compartimos.

 Así continuaba Irina, cun discurso sen desperdicio que enseguida acendeu en min unha bombilla. En efecto, hai un poeta que dende hai pocuos meses trata de arrincarnos da vida cotiá en recordarnos a beleza que nos rodea. Ademáis, como La poesía no es un lujo, como continúa Bokova, faino en 140 caracteres e sen coste algún. Intrigados?


Estado de Malestar:  @Tw140Poemas
Artículo sobre Estado de Malestar na web de Fran Alonso aquí.

 Desde as latrinas da vida ao fulgor da lúa, «Estado de Malestar» é un berro de versos en Twitter escrito por @franalonso. Un poema ao día en estado de excepción. Así se presenta Estado de Malestar, un proxecto do poeta e escritor Fran Alonso, que xa con Poétic@ (aclamado proxecto de poesía transmedia en galego, portugués e castelán) demostrara poder aproveitar os recursos dixitais para aportar un valor engadido á súa poesía.                                                                                                                                            A través da conta de twitter @Tw140Poemas, Fran comparte cada día un poema en 140 caracteres, é dicir, un poema ao día en estado de excepción. Podo dicir sen medo a equivocarme que se trata dun proxecto excepcional, a través do cal un anaco de poesía se infiltra cada día na nosa timeline, roubándonos apenas uns segundos de lectura para arrincar unha reflexión, e acaparando a atención pola que compite o mar de palabras que o rodean.

 O proxecto leva en marcha dende o pasado mes de novembro, empregando as curiosas e non menos poéticas imaxes que vedes como fotos de perfil, e sen faltar un só día á súa cita diaria, en ocasións incluso cunha fotografía de regalo. Se a miña recomendación non é motivo suficiente como para prestarlle atención a esta marabillosa iniciativa de Fran Alonso, tomade uns segundos para leer algúns dos meus versos preferidos. Deixarei que a poesía fale por sí soa:
Expropiados os seus significados para desfigurar a verdade, a #palabra é a simple ilusión dun mago.
#ArmasDoPoder
Día tras día, o aguillón que delimita o tempo, imponme un #espertar sobresaltado e torpe que me deixa indefenso ante a vida que recomeza.
Son sombras de nós mesmos, espectros do nosos fracaso que enmudecen, coma paxaros mortos, en pantallas sen conciencia #Inmigrantes #asiladas
O meu can ládralle á noite coa desorientada rebeldía de quen non distingue máis ca #sombras e descoñece quen se agocha nelas. #Poder
Desde o escaparate, as portadas dos #libros lanzan berros cara á rúa sen que a xente, veloz, repare na contundencia da súa chamada.
Os informativos vomitan despoxos da realidade coma quen ten a misión de construír un catálogo de #miserias no escaparate da condición humana.
O dentista amarroulle a #lingua ao padal de tal xeito que só podía movela ao falar castelán pero permanecía presa cando quería falar galego.
As persoas corruptas son incapaces de crer na honradez, as que teñen a cabeza chea de muros son incapaces de crer na liberdade. #Fascismo
Buscou entre os emoticonos pero ningún representaba o seu estado de ánimo, así que escolleu unha cara de anoxo e confundiu o destinatario. 😡
A acción de respirar parécese á #poesía; o córpo asimílaa de xeito imperceptible pero garante día a día o sustento prodixioso da vida.
 Unha forma diferente de ler poesía, rechouchiada por un paxariño.

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Alimenta el blog con tus comentarios! Recuerda ser respetuoso con el redactor y lectores y siéntete libre de responder cualquier comentario publicado.

Intentaré responder a todos los comentarios, especialmente a aquellos que formulen dudas o preguntas.

¡Gracias por leernos!