29/5/17

Avance: O xogo de Babel

 Descóbrese o misterio que envolvía á próxima publicación de Elena Gallego, una novela que hai non moitos días tratabamos de descifrar en base a un pequeno fragmento da portada. Agora coñecemos xa non só a cuberta completa, senón tamén título, sinopse e unha data de publicación moito máis próxima do que esperabamos...

 O xogo de Babel será a nova novela -a priori autoconclusiva- da autora de Dragal e Sete caveiras. Chegará a librerías o próximo 14 de xuño a un prezo de 15€, pero tamén en formato dixital por uns reducidos 10€. Chegará da man de Xerais, e o seu argumento é o que sigue:
O xogo de Babel
Autora: Elena Gallego Abad
Editorial: Xerais
Páxinas: 200
Publicación: 14/06/17

Sinopse oficial: «Pandora é o perigo; Babel, a confusión. O noso amor non ten futuro.» Ou si?Atreveríaste a acudir a unha cita a cegas? Un cruceiro polo Mediterráneo, Tunisia, Libia, Malta… Uns ollos de cor verde intensa, coma o mar en días de temporal… E Patricia, agora casada co profesor que un día dirixiu a súa frustrada tese de doutoramento, que descobre na pequena filla Mencía a pegada dun amor esquecido que regresa para atormentala.Alén dunha simple aventura, O xogo de Babel traza, desde os distintos puntos de vista e circunstancias dos protagonistas, un intenso triángulo amoroso complicado pola fidelidade debida a unha antiga amizade que, desde a infancia, une marido e amante.                                                                         
Fotografía: Elena Gallego Abad
 Parece que non foron moi acertadas as miñas prediccións, e que a historia que nos agarda n'O xogo de Babel será unha de amor, infidelidade e un triángulo amoroso. Chama a atención, igualmente, a peza de xadrez que protagoniza a portada, cuxo significado aínda está por descubrir, pero tamén as referencias mitolóxicas nas primeiras liñas da sinopse e no propio título. Pandora é o perigo; Babel, a confusión. Fala acaso de Pandora, a primeira muller creada por Hefesto segundo a mitoloxía grega? Ou quizáis sobre a caixa de Pandora, que contén todos os males do mundo? Refírese á torre de Babel, que pretendía chegar aos ceos, e á confusión derivada da creación das diferentes linguas segundo as lendas bíblicas? Son misterios que contrastan co resto da sinopse, e que seguirán agochados ata o 14 de xuño.

 A primeira copia da novela xa está en mans da autora, que compartiu o momento nas redes, e no será dentro de moito tempo cando nós teñamos tamén nas nosas estanterías o nosos exemplares.

Quedan 16 días para O xogo de Babel!

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Alimenta el blog con tus comentarios! Recuerda ser respetuoso con el redactor y lectores y siéntete libre de responder cualquier comentario publicado.

Intentaré responder a todos los comentarios, especialmente a aquellos que formulen dudas o preguntas.

¡Gracias por leernos!