10/5/17

Descifrando a próxima novela de Elena Gallego:


 2017 será o ano do regreso a librerías de Elena Gallego Abad, que tras publicar Dragal IV en 2015 volve facer un paréntese na saga do dragón galego para adentrarse nunha ficción completamene diferente. Pouco se sabe da próxima novela da autora, cuxa publicación, prevista para este mesmo ano, segue envolta en misterio.

 A nova obra de Elena Gallego aínda non ten, polo que a nós respecta, título nin data. O que sí podemos ver é o fragmento da portada que a autora ven de publicar nas súas redes sociais, xunto coa seguinte mensaxe:

Velaquí un avance da portada da miña próxima novela @Xerais. Moi pronto, nas mellores librarías do país. Preparados para xogar?
  A mensaxe da autora confirma que a novela será publicada nos vindeiros meses por medio da editorial Xerais, o que non supón unha gran sorpresa. A imaxe, pola contra, é o que esperta a miña curiosidade. Sendo unha portada que non rivaliza, na miña opinión, coas de Dragal, chama a atención o protagonismo que cobra nela esa peza de xadrez. Non se trata dunha peza calquera; é unha torre, fragmentada coma se dun puzle se tratase. Non creo ser moi perspicaz ao sospeitar que a peza xogará un papel clave na historia, na que a autora nos invita a adentrarnos coa frase preparados para xogar?

 A visión desta imaxe suxire, sen máis material co que xulgar, unha novela de misterio. Do mesmo modo que os dragóns evocan fantasía, hai algo no xadrez que berra misterio. Non é un xénero descoñecido para a autora, que xa en 2014 se adentrara nel coa novela Sete Caveiras. Non me atrevería a descartar que esta novela e a que aínda non ten título garden algunha relacción, e cabe a posibilidade de que se trate dunha secuela ou simplemente compartan personaxes. Sexa como sexa, é demasiado pronto para sabelo.

 Descoñécese aínda se esta nova creación tratará de achegarse a un público xuvenil ou, como no caso de Sete Caveiras, será catalogada como adulta, pero en Lectureka non cremos nas etiquetas, e serei o primeiro en acudir á librería o día da publicación.

Preparados para xogar?

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Alimenta el blog con tus comentarios! Recuerda ser respetuoso con el redactor y lectores y siéntete libre de responder cualquier comentario publicado.

Intentaré responder a todos los comentarios, especialmente a aquellos que formulen dudas o preguntas.

¡Gracias por leernos!