20/5/17

Vémonos en A Guarda?

 O municipio galego de A Guarda acollerá mañá, domingo 21, a súa décima Feira do Libro, un evento de promoción da lectura que se desenvolverá na Praza do Reló e contará coa presencia da recoñecida autora Fina Casalderrey, eventos de contacontos e tres invitados máis ben inusuais... botádelle un ollo á programación! Hay sorpresa ás 17:30.


 Efectivamente. Compráceme comunicar que este ano fun convidado a participar nunha a actividade do evento, e o qué é aínda mellor, non estarei só. Tratarase dunha mesa redonda na que Paula Tourón, Dani Portela e máis eu discutiremos entre nós e cos asistentes sobre literatura xuvenil e a percepción que temos da súa difusión en redes pola nosa posición de blogueiros.

 Os dous marabillosos blogueiros cos que terei o pracer de compartir mesa serán os meus compañeiros e amigos Paula e Dani. Os visitantes reiterados do blog xa coñecen a Paula, redactora do blog Mil y una historias, pero é posible que aínda non coñezan a Dani, o entusiasta encargado do blog Super Fun e colaborador da revista on-line La Avenida de los Libros.  Pásate polos seus respectivos blogs para ler as súas entradas sobre a Feira do Libro de A Guarda, que son ben máis completas e interesanes que esta!

 Se es de A Guarda ou os seus arredores, convídote a participar na mesa redonda. Falaremos de temas moi interesantes!

 Como é habitual neste tipo de eventos, sete librerías participarán vendendo libros aos visitantes cun suculento 20% de desconto. Ao final da xornada terá lugar un sorteo entre todos os compradores, os incentivos para mercar son máis que suficientes!

Ligazóns de interés:
Noticia en El Faro de Vigo.
Noticia en Atlántico.
Noticia en Tele Mariñas

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Alimenta el blog con tus comentarios! Recuerda ser respetuoso con el redactor y lectores y siéntete libre de responder cualquier comentario publicado.

Intentaré responder a todos los comentarios, especialmente a aquellos que formulen dudas o preguntas.

¡Gracias por leernos!